Saturday 20 de April de 2024

A compañía peruana Hugo e Inés visítanos esta sábado co seu espectáculo “Body Rhapsody”


Será unha función da programación de Galicreques que gustará a pequenos (maiores de 6 anos) e adultos. É un desfile pintoresco de divertidos personaxes que, nos curtos momentos da súa existencia sobre a escena, pretenden atrapar aqueles pequenos momentos poéticos que se atopan agochados na vida cotiá. Estes personaxes, cos seus soños e frustracións, cos seus éxitos e fracasos, nárrannos o eterno drama da traxicomedia humana…

Para asistir é necesario reservar as entradas (de balde) chamando antes das 14 h. do venres ao 981 672 580.